Obxectivos

Maio 19, 2009

Obxectivo Xeral: utilización con soltura por parte dos docentes do centro das ferramentas ofimáticas de uso común, así coma dos recursos existentes en internet (portais, descargas, weblog, webquest, ardora, jclic,…) e optimizar a súa capacidade redifusión a comunidade educativa. Todo isto para dispor de coñecementos prácticos dunha ferramenta de apoio o proceso de ensino-aprendizaxe.
Obxectivos específicos:
1. Impulsar a creación dun sistema de recollida e análise de información sobre as TIC.
2. Iniciar no coñecemento e manexo dos novos recursos tecnolóxicos.
3. Proporcionarlles aos profesionais da educación a formación que lles permita avanzar na comprensión da natureza deste fenómeno e no coñecemento de procedementos e estratexias que contribúan á súa mellora.
4. Valorar a utilidade Internet no desenvolvemento profesional do profesorado.
5. Coñecer os programas web educativos actuais, aplicación, utilidades, descargas, weblog, portais, chat, webquest, wiki, foros educativos e os portais educativos relacionados coa materia de cada membro do seminario.
6. Manexar e utilizar internet nas diversas materias de ensino-aprendizaxe tanto na búsqueda de información coma no seu tratamento posterior para a realización de traballos por parte do alumnado e preparación de material didáctico por parte do profesorado.
7. Uso de Internet, correo electrónico, foros de discusión e descarga e descompresión de arquivos.
8. Utilizar e coñecer as Webloggers coma ferramenta cualitativa propicia na elaboración dun “diario de campo” do noso seminario.
9. Tratamento de CD-ROM e DVD educativos, análise de productos comerciais multimedia adaptados á nosas materias.
10. Iniciarse na elaboración de webquest, actividades en Jclic, ardora e hotpotatoes para poñelas na web do centro.
11. Analizar as posibilidades didácticas dos recursos e dos servizos de Internet para a áreas do profesorado do seminario.
12. Desenvolver actitudes de traballo compartido en colaboración.

Advertisements
%d bloggers like this: