Educación para a cidadanía

A Educación para a cidadanía contribúe a desenvolver algúns aspectos destacados de varias competencias, pero se relaciona directamente coa competencia social e cidadá. En relación con esta competencia, a área afronta o ámbito persoal e público implícito nela: propicia a adquisición de habilidades para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática. Así, a área pretende o desenvolvemento de nenos e nenas como persoas dignas e íntegras, o que esixe reforzar a autonomía, a confianza nun mesmo e a identidade persoal, e favorecer o espírito crítico para axudar á construción de proxectos persoais de vida. Tamén se contribúe á competencia e a mellorar as relacións interpersoais na medida que a área favorece a universalización das propias aspiracións e dereitos para todos os homes e mulleres, impulsa os vínculos persoais baseados en sentimentos e axuda a afrontar as situacións de conflito, ao propor a utilización sistemática do diálogo. Para iso, a área inclúe contidos específicos relativos á convivencia, a participación, ao coñecemento da diversidade e das situacións de discriminación e inxustiza, que deben permitir consolidar as habilidades sociais, axudar a xerar un sentimento de identidade compartida, a recoñecer, aceptar e usar convencións e normas sociais e interiorizar os valores de cooperación, solidariedade, compromiso e participación tanto no ámbito privado, como na vida social e política, favorecendo a asimilación de destrezas para convivir.

Así mesmo, a área contribúe á adquisición do coñecemento dos fundamentos e os modos de organización das sociedades democráticas, á valoración da conquista dos dereitos humanos e ao rexeitamento dos conflitos entre os grupos humanos e ante as situacións de inxustiza. Son contidos específicos da área os principios contidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención dos Dereitos do Neno e a Constitución española, así como a súa aplicación por parte de diversas institucións.

A identificación dos deberes cidadáns e a asunción e exercicio de hábitos cívicos adecuados á súa idade no contorno escolar e social permitirá que os futuros cidadáns se inicien na construción de sociedades máis cohesionadas, libres, prósperas, equitativas e xustas.

NORMAS DE CORTESÍA

DIS –

Coeducación.

HABILIDADES E EDUCACIÓN EN VALORES

A Aventura da vida ten como obxectivo a adquisición de habilidades para a vida, a promoción de estilos de vida saudable e a educación en valores e para a convivencia. O programa utiliza as historias protagonizadas por un grupo de personaxes infantís animando nenos e nenas a analizar e reflexionar sobre as propias experiencias no seu contorno máis próximo: a escola, a familia e o barrio.

Se queres coñecer máis sobre a pandilla, escoitar as súas historias e participar nos seus xogos pica na imaxe.

COEDUCACIÓN
Magnífica páxina sobre Coeducación.
Inclue Webquest, Actividades JClic, Hot Potatoes, xogos Animaciones,

VÍDEOTECA INTERACTIVA
PULSA AQUÍ

FONOTECA
PULSA AQUÍ

MULLERES CIENTÍFICAS (I)
PULSA AQUÍ

BELEZA E DESIGUALDADE
PULSA AQUÍ

EXERCICIOS DE COEDUCACIÓN (Jclic)
PULSA AQUÍ

CRUCIGRAMA 8 DE MARZO (JClic)
PULSA AQUÍ

ACTIVIDADES 8 DE MARZO (I)
PULSA AQUÍ


VIOLENCIA DE XENERO (JClic)
PULSA AQUÍ
VIOLENCIA DE XENERO (INGLÉS)
PULSA AQUÍ

VIOLENCIA DE XÉNERO (Webquest)
PULSA AQUÍ

PUBLICIDADE SEXISTA
PULSA AQUÍ

PUBLICIDADE SEXISTA
PULSA AQUÍ

PUBLICIDAD SEXISTA II
Exercicios e evaluación
PULSA AQUÍ

DEREITOS DOS NENOS/AS (Webquest)
PULSA AQUÍ

LENGUAXE SEXISTA (Hot Potatoes)
PULSA AQUÍ

XOGO DE MARCIANIT@S
PULSA AQUÍ

%d bloggers like this: