Proxecto Abalar

O proxecto Abalar

Coñécese con este nome o proxecto “Escuela 2.0″ impulsado polo Ministerio de Educación en toda España, nunha adaptación ao sistema educativo galego.

Educación dotará aos centros educativos de 15.000 ordenadores ultraportátiles.

  • 700 aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO o vindeiro curso 2010/2011.
  • Os ordenadores serán utilizados nos centros escolares.
  • 1024 MB de memoria RAM, e 120GB de disco duro; tarxeta de son, tarxeta de rede e de rede sen fíos. As pantallas serán de tipo TFT, de dez polgadas; e as baterías, de tecnoloxía Litio-ión, manterán unha autonomía de polo menos 300 minutos.
  • Polo menos co sistema operativo GNU/Linux.
  • En 2013, todas as aulas de 5º, 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO deberán estar dotados destes recursos.
  • Un portal web, ‘EspazoABALAR’.

A Consellería de Educación formará aos coordinadores TIC.

  • Os docentes deberán converterse en administradores de coñecemento.
  • Os coordinadores TIC, arredor de 200 na primeira fase, serán os encargados de desenvolver actividades formativas en cada centro.
  • O profesorado disporá dun conxunto de recursos e aulas virtuais que poderá empregar no día a día na clase.
  • A plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado.
  • A construción do coñecemento debe superar o enfoque da mera repetición de contidos e aplicaranse estratexias de ensino-aprendizaxe innovadoras que propicien máis ben a construción do saber.

Presentación do proxecto ABALAR

  • Impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia.
  • “da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaborativa, a investigación e a aprendizaxe activa e interactiva”
  • Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances  tecnolóxicos na educación.
  • Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.

ELEMENTOS DEL AULA ABALAR

Fase de formación para coordinadores do Proxecto Abalar nos centros.

http://www.cfrvirtual.com/Abalar/

http://www.edu.xunta.es/platega/

http://www.edu.xunta.es/centros/zonasantiago/aulavirtual/course/view.php?id=30

Formacion Profesorado

ESPAZO ABALAR

RECURSOS

Pode descargar a guía rápida do Espazo Abalar pulsando aquí

SERVIDOR ABALAR

   Lista_software_Abalar

CONVENIO COLABORATIVO ESCUELA 2.0. – ABALAR

RECOMENDACIÓNS CENTRO PILOTO

COMPETENCIAS BASICAS ABALAR

O ESPAZO ABALAR

Todos os centros que imparten as ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato teñen dispoñible desde o día de hoxe o espazo Familias e o espazo Profesores deste portal.

Esto supón que as familias do alumnado dos centros educativos galegos que imparten as ensinanzas antes mencionadas poderán acceder ao espazo Familias para facer un seguimento personalizado da vida académica dos seus fillos, e establecer unha nova canle de comunicación co profesorado.

Espazo Familias

Espazo Profesores

Repositorio de contidos

Guía do espazo Abalar para as familias

Guía do espazo Abalar para o profesorado

 

 

Aula Abalar 2011-2012