Arquivo

Posts Tagged ‘letras galegas’

Actividade – Letras Galegas

Maio 16, 2009 Deixar un comentario

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ.                    

DIAS DAS LETRAS GALEGAS 2009

A seguinte actividade realizámola no terceiro trimestre e aproveitando  que se dedica este ano o día das letras galegas a Ramón Piñeiro López, decidimos buscar información (vídeos, imaxes,…) para traballalas na aula de informática.

2.      Destinatarios.      Alumnos de 4º E. Primaria (2º ciclo de Educación Primaria).

4.      Obxectivos. 

–          Ver vídeos relacionados coas Letras Galegas.

–          Localizar imaxes a través dos diferentes buscadores na rede.

 

  1. Desenvolvemento da actividade.

Motivación previa:Comentamos en clase sobre o que significa  día das letras galegas, se coñecen a quen se dedica este ano,…. Buscamos información na Wikipedia sobre Ramón Piñeiro e na Real Academia Galega.Utilizar os buscadores como google.com, altavista.com, yahoo.es…

–          A través de Internet, buscar información e imaxes de Ramón Piñeiro para logo traballar sobre la imaxe. Cada alumno vaino  decorar e utilizando as ferramentas de texto do Paint escribirán o seu nome e un texto que lle daremos sobre unha das súas obras.

 

6.- Avaliación

Destacar que a actividade tivo bastante éxito cos alumnos, ademais completamos as actividades utilizando as Actividades Impresas do Días das letras galegas 2009 do http://www.seminariogalan.org/ que foron elaboradas co obxectivo de serviren de unidades didácticas para ou traballo escolar.Os alumnos adquiren os seus coñecementos pensando sobre o que realizan e actuando en consecuencia, polo tanto, se se pretende potenciar o proceso de aprendizaxe neles, deberase reflexionar como mellorar as actividades que hai que realizar, facer análises lucidos sobre como levalas á práctica xa actuar en constante retroalimentación.