Arquivo

Posts Tagged ‘TIC’

C.P.I. Vicente Otero Valcárcel

Febreiro 1, 2009 Deixar un comentario

Realización dun seminario ao longo do curso para o profesorado.

É evidente que as novas tecnoloxías anegan a vida diaria nos centros educativos. Internet, pizarra dixital, o software educativo… facilitan e optimizan a xestión escolar así coma diversifican metodoloxicamente os contidos da mesma posibilitando a creación de novos materiais didácticos.
O feito de que os profesores estean familiarizados a nivel persoal co uso das TICs e Internet, non implica automáticamente que saiban como utilízalos con fins pedagóxicos.
En relación coa importancia das TIC, hai que destacar as vantaxes que nos achegan. A utilización da tecnoloxía contribuirá a elevar a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe. Por un lado, ao posibilitar que o estudante interactúe cun programa para complementar e reforzar a súa aprendizaxe; ou ben como taller de reforzo en onde o estudante poida repasar, practicar e mellorar o seu desempeño real nas actividades que ten maior dificultade, dunha maneira sinxela e motivante. O estudante ten a posibilidade de interactuar e experimentar, o que lle permite integrar coñecemento actualizado e verificable.
É por iso que nos propoñemos con este seminario permanente realizar un estudo dos diferentes contidos e servizos (soporte lóxico educativo, webquest, jclic, ardora, webloggers, wiki, webs, foros, pizarra dixital…) que axuden no traballo das TIC así poder elaborar contidos e actividades que quedarán reflectidas na nosa web do centro.
Cremos que a difusión deste tipo de información e de recursos na rede é a máis idónea por dúas razóns: A primeira é que grazas ó crecemento de internet nos últimos anos (e nos seguintes) na nosa comunidade, este tipo de información será moi accesible para a poboación á que vai dirixida o proxecto, máxime se pensamos que case no 100% de colexios e universidades tense acceso á rede. A seguinte razón é que permite crear redes entre profesionais, estudantes e familiares moi facilmente e sen custo ningún por medio de foros de debate, e-mails, listas de correo, etc.
Con todo isto preséntase un Seminario vertebrado na Ofimática e no uso de Internet que pretenden dar resposta a facilita-los procesos de xestión na aula así coma de enriquecer didacticamente as materias a travésÉ evidente que as novas tecnoloxías anegan a vida diaria nos centros educativos. Internet, pizarra dixital, o software educativo… facilitan e optimizan a xestión escolar así coma diversifican metodoloxicamente os contidos da mesma posibilitando a creación de novos materiais didácticos.
O feito de que os profesores estean familiarizados a nivel persoal co uso das TICs e Internet, non implica automáticamente que saiban como utilízalos con fins pedagóxicos.
En relación coa importancia das TIC, hai que destacar as vantaxes que nos achegan. A utilización da tecnoloxía contribuirá a elevar a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe. Por un lado, ao posibilitar que o estudante interactúe cun programa para complementar e reforzar a súa aprendizaxe; ou ben como taller de reforzo en onde o estudante poida repasar, practicar e mellorar o seu desempeño real nas actividades que ten maior dificultade, dunha maneira sinxela e motivante. O estudante ten a posibilidade de interactuar e experimentar, o que lle permite integrar coñecemento actualizado e verificable.
É por iso que nos propoñemos con este seminario permanente realizar un estudo dos diferentes contidos e servizos (soporte lóxico educativo, webquest, jclic, ardora, webloggers, wiki, webs, foros, pizarra dixital…) que axuden no traballo das TIC así poder elaborar contidos e actividades que quedarán reflectidas na nosa web do centro.
Cremos que a difusión deste tipo de información e de recursos na rede é a máis idónea por dúas razóns: A primeira é que grazas ó crecemento de internet nos últimos anos (e nos seguintes) na nosa comunidade, este tipo de información será moi accesible para a poboación á que vai dirixida o proxecto, máxime se pensamos que case no 100% de colexios e universidades tense acceso á rede. A seguinte razón é que permite crear redes entre profesionais, estudantes e familiares moi facilmente e sen custo ningún por medio de foros de debate, e-mails, listas de correo, etc.
Con todo isto preséntase un Seminario vertebrado na Ofimática e no uso de Internet que pretenden dar resposta a facilita-los procesos de xestión na aula así coma de enriquecer didacticamente as materias a través