Arquivo

Posts Tagged ‘Buscadores’

Actividades Internet: buscadores

Maio 19, 2009 Comentarios desactivados

Buscar datos climatolóxicos do Concello de Carral en Internet nos diferentes buscadores, periódicos, webs… ao longo dunha semana, para plasmalo no procesador de textos utilizan do táboas e o programa de debuxo Paint.

Xustificación

Esta actividade realízase na Aula de Informática do CPI Vicente Otero Valcárcel no segundo trimestre do curso, utilizando Internet e a partir de palabras claves relacionadas coa climatoloxía en Carral buscamos información sobre o tema.

Destinatarios: Alumnos de 3º E. Primaria (2º ciclo de Educación Primaria).3.-

Obxectivos- Coñecer as diferenzas climatolóxicas durante unha semana e observar dito troco ao longo das diferentes estacións.- Saber buscar datos en distintos medios.- Representar os datos obtidos nunha taboa utilizando o procesador de textos para realizar a táboa e engadir as imaxes que realizaran no paint.- Potenciar o traballo en equipo. 

 Desenvolvemento da actividade:

– Facemos grupos de 2 ou 3 alumnos/as.- Presentamos a táboa que teñen que realizar para ir colocando as correspondentes anotacións coas súas imaxes.

 – Propoñer diversos medios á parte do da rede, buscar información a través da Televisión, radio, prensa…

– Propoñemos varios camiños para buscar información da temperatura en Carral:

a)    A través de buscadores: google, yahoo, altavista, ask, galiciacity…

b)    A través de los xornais dixitais: lavozdegalicia.com, el idealgallego.com, la opinioncoruna.es.

c)    Web do Concello de Carral.

d)    Os alumnos/as irán poñendo a información na táboa coa súa correspondente imaxe que elaboraron con anterioridade no Paint. 

Avaliaciónprofeedu

a) A través de buscadores:Tiveron menos dificultade os grupos de alumnos/as que empregaron os buscadores, dende onde accederon ao Instituto Nacional de Meteoroloxía. Nalgunhas ocasións encontráronse  predicións de tempo pero non datos reais nin dos días anteriores. Outro problemas que encontraron os alumnos era que a temperatura que aparecían na maioría das webs era só das capitais de provincia.

b) A través de xornais.Na web http://tiempo.laopinioncoruna.es/ puidemos personalizar a localización desexada pero sobre todo encontramos predicións dos seguintes anteriores e posteriores. A experiencia, dada a información obtida foi satisfactoria e os grupos  obtiveron os datos desexados e completaron as táboas.

Categorías:Competencias Dixitais Etiquetas: , , ,