Arquivo

Posts Tagged ‘Redes Sociais’

Redeiras

Abril 22, 2012 Deixar un comentario

 

Redes sociais – Facebook, Tuenti, MySpace

Setembro 22, 2009 Deixar un comentario

As redes sociais son unha nova forma de interacción e un dos servizos máis demandados polos internautas actualmente. Constitúen unha ferramenta de comunicación sen fronteiras que permítenos manter a proximidade pondo en contacto a amigos e a persoas que se identifican coas mesmas necesidades, afeccións ou inquietudes. Hoxe en día, as redes sociais, constitúen un dos exemplos das aplicacións máis utilizadas na denominada Web 2.0 e que está incrementando o seu uso día a día de forma vertixinosa.
O atractivo que espertan nos adolescentes é impresionante xa que nelas se senten protagonistas dunha comunicación experimental nova. Cada semana comprobamos que case 8.000 persoas rexístranse nestas redes, e Facebook, con 175 millóns de usuarios observa punto de acadar a MySpace que xa conta con 200 millóns. Parece que se non pertences a Facebook, Tuenti ou MySpace por citar algunhas, simplemente non existes.
Estas redes non son malas en si mesmas, o que pode chegar a ser potencialmente perigosa é a súa incorrecta utilización. Polo tanto, non debemos prohibir o seu uso, o verdadeiramente importante é educar no seu uso axeitado. O problema non está nas redes senón nos pais e os mestres que están, literalmente, fóra de xogo.
Pero para educar cómpre educarse e comprender perfectamente o funcionamento e a filosofía das redes. Logo, o sentido común e a confianza cos nosos fillos farán gran parte do traballo. As redes sociais son auténticas ventás á intimidade dos nosos fillos e á a nosa propia. Os adultos temos máis criterio e experiencia para saber que podemos e que non debemos pór nos nosos perfís. Sen embargo os nosos fillos poden desvelar datos, imaxes, sentimentos,… aos que poden acceder terceiras persoas, incluídos os medios de comunicación. Tamén poden vulnerar a intimidade de amigos e compañeiros.
Por iso é importante que impliquémosnos, sobre todo cos adolescentes. Que falemos con eles, que ensínennos os seus perfís e os seus amigos «virtuais», que naveguemos ao seu lado. A patria potestade debemos exercera co mesmo cariño no mundo virtual.

Redes sociais

Decembro 2, 2008 Deixar un comentario

Redes Sociais. http://es.wikipedia.org/wiki/Red_social

MySpace, Xing, Hi5, Facebook,…

As redes sociais axudan ao alumnado a relacionarse con outros rapaces. Pero sempre controlando todo o proceso.

Categorías:Profesorado, Sesións Etiquetas: ,