Atención a diversidade

Para que a atención á diversidade favoreza a calidade da oferta educativa, debemos comezar por determinar cal é o punto do que se parte e ó que se quere chegar. O discurso reinante  nestes momentos no deixa lugar a dúbidas en canto ó obxectivo con respecto ó alumnado con necesidades educativas:

Logra-lo máximo desenvolvemento posible das diferentes capacidades.

Facelo co  maior grao de normalización en canto á provisión de servizos educativos, é dicir, de acordo co denominado principio de integración educativa.

      Pola contra, defini-las necesidades educativas existentes resulta de moita dificultade práctica, ó tratarse dun concepto dinámico, interactivo e individual. Se concebímo-lo contexto sociocomunitario e o centro educativo como algo relativamente estable, o único que podería variar son as condicións físicas, psicolóxicas ou sociais dos propios alumnos/as. É relativamente fácil planifica-las actuacións para aqueles con necesidades educativas de carácter permanente, relacionadas con algunha deficiencia, pero resulta extremadamente difícil preve-las intervencións máis puntuais, aínda que tamén necesarias, que algúns alumnos/as poidan requirir en calquera momento na súa escolarización.

A atención á diversidade nos centros educativos intenta atender ás diversas necesidades educativas, que poidan ser de carácter psicolóxico, físico, sensorial ou social.  Dita atención é cada vez máis acusada na sociedade actual debido á crecente heteroxeneidade do alumnado que asiste ás aulas nos nosos centros educativos. 

Educación Especial

ee

Contenidos educativos dixitais

Junta de Estremadura

Español para estranxeiros

10-11-2009 15-10-40

Páxina web para estranxeiros de Aurora Gil Pou

http://www.aurora.patrick-nieto.fr/

Educación en valores

norm
Agrega